Robinson R66

Robinson R66
R66
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteRobinson Helicopter Company
Deseñado porFrank D. Robinson
Primeiro voo7 de novembro de 2007[1]
Produción2007-presente
Unidades construídas763 en xaneiro de 2017[2]

O Robinson R66 é un helicóptero deseñado e construído por Robinson Helicopter Company. Ten cinco asentos, un compartimento de carga separado e está impulsado por un motor turboeixo Rolls-Royce RR300. O R66 é lixeiramente máis rápido e máis tranquilo que o Robinson R44, do cal deriva. O R66 recibiu tanto o certificado de tipo como o de produción da Federal Aviation Administration (FAA) o 25 de outubro de 2010.[3]

  1. "Aircraft Comparative Analysis - Robinson R66". AvBuyer. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. "Robinson Helicopter Company Delivers 12,000th Helicopter". Robinson Helicopter Company. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "R66 Receives Simultaneous FAA Type, Production OK". AINonline. Consultado o 23 de outubro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne